miércoles, 2 de mayo de 2012

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Dentro do programa de estimulación da linguaxe, estamos traballando o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", da editorial Kalandraka. Ás nenas e ós nenos gústallles moito, será polo toque escatolóxico... Navegando pola rede a atopamos unha reproducción do conto feita en plastilina e unha canción que estamos aprendendo.








CANCIÓN DA TOUPIÑA



Ista é a canción da toupiña.

martes, 1 de mayo de 2012

Xogando coas palabras

O desenvolvemento das habilidades metafonolóxicas (conciencia léxica, silábica e fonémica) é un aspecto de gran importancia na aprendizaxe da lectoescritura. Estes contidos son traballados, dentro do programa de estimulación da linguaxe oral, dende os 3 anos. Algunhas actividades que estamos a facer neste ámbito son os xogos de relacionar palabras que riman, cos nenos/as das aulas de 4 e 5 anos; e o xogo das palabras encadeadas, cos alumnos/as de 5 anos. Estas imaxes amosan un exemplo de material que elaborei para facer este traballo.

parellas de palabras que riman
parellas de palabras encadeadas

Materiais para traballar o sopro

O control da respiración e do sopro é fundamental para acadar unha boa pronunciación e correxir as alteracións na mesma, de xeito moi especial en determinados fonemas como o /r/ ou o /s/. Tanto nas clases de estimulación da linguaxe a nivel grupal, coma no tratamento individual dos nenos/as con dislalias, a respiración e o sopro son contidos de traballo básicos. Algúns materiais que emprego para desenvolver con control do sopro son: as pelotas de ping-pong, o tunel, os bolos (botes de iogures bebibes), o muiño, os vermiños...



lunes, 30 de abril de 2012

PACO PAPÁN

O pasado luns día 23 celebramos na Escola o día do libro. Cada unha das aulas realizou algunha actividade:
  • os alumnos/as de 3 anos recitaron unha poesía de Gloria Fuertes e cantaron unha canción,
  • os de 4 recitaron unha poesía e representaron o conto "A casa da mosca chosca",
  • os de 5 representaron o conto "Paco Papán".

 Na aula de audición e linguaxe tamén estivemos a traballar este último conto, e navegando pola rede atopamos un video que ós nenos e nenas lles gustou moito.







150 RECURSOS GRATUITOS

Estes días explorando os blogs que sego habitualmente; no ""Blog de los maestros de audición y lenguaje", atopei unha entrada moi interesante  que conten 150 recursos gratuítos para crear materiais educativos coas TICS

domingo, 29 de abril de 2012

ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE DOS NENOS E NENAS




1.     Adicar un tempo diario para estar co neno/a e falarlle; é moi positivo aproveitar as situacións cotiás de xogo, comida, baño...

2.     O neno/a non aprende só oíndo, necesita practicar e para isto ten que establecer unha interacción cos adultos por medio de: contos, narracións, cancións, adiviñas, describir debuxos, etc.

3.     Enriquecer o seu vocabulario ensinándolle o nome das partes do corpo, prendas de vestir, cousas da casa, nomes de animais, etc.

4.     Dar tempo ó neno/a para que poida expresarse, escoitando con paciencia e interese. Deixar que se exprese libremente non respondendo por el/ela, nin interropendo as súas respostas para correxilas.

5.     Falarlle  de forma correcta, utilizando respostas claras e axeitadas, evitando, o máis posible, as respostas “comodín” como si, non, vale...

6.     Valorar os esforzos dos nenos e nenas por millorar a súa capacidade comunicativa, aínda que non se expresen de xeito correcto.

7.     Na preparación das comidas procurar unha alimentación san e que favoreza a mastigación dos diversos alimentos. É importante ir eliminando progresivamente a toma de leite en biberón. A succión demasiado prolongada no tempo pode provocar a deformación do padal, os beizos e a arcada dentaria, tendo como posible resultado problemas articulatorios no futuro. A mastigación permite estimular os movementos da mandíbula, lingua e beizos, fundamentais para unha articulación correcta das palabras.


DÉBESE EVITAR:
  •  A continua corrección.
  •  Empregar unha linguaxe excesivamente infantilizada cos nenos/as.
  •  Repetir os mesmos erros co pequeño/a por moi graciosos ou simpáticos que parezan.
  •  A utilización excesiva de diminutivos: libriño, comidiña, camiña...
  •  O emprego de designacións abreviadas como guau por can, popó por coche...