miércoles, 2 de mayo de 2012

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Dentro do programa de estimulación da linguaxe, estamos traballando o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", da editorial Kalandraka. Ás nenas e ós nenos gústallles moito, será polo toque escatolóxico... Navegando pola rede a atopamos unha reproducción do conto feita en plastilina e unha canción que estamos aprendendo.








CANCIÓN DA TOUPIÑA



Ista é a canción da toupiña.

martes, 1 de mayo de 2012

Xogando coas palabras

O desenvolvemento das habilidades metafonolóxicas (conciencia léxica, silábica e fonémica) é un aspecto de gran importancia na aprendizaxe da lectoescritura. Estes contidos son traballados, dentro do programa de estimulación da linguaxe oral, dende os 3 anos. Algunhas actividades que estamos a facer neste ámbito son os xogos de relacionar palabras que riman, cos nenos/as das aulas de 4 e 5 anos; e o xogo das palabras encadeadas, cos alumnos/as de 5 anos. Estas imaxes amosan un exemplo de material que elaborei para facer este traballo.

parellas de palabras que riman
parellas de palabras encadeadas

Materiais para traballar o sopro

O control da respiración e do sopro é fundamental para acadar unha boa pronunciación e correxir as alteracións na mesma, de xeito moi especial en determinados fonemas como o /r/ ou o /s/. Tanto nas clases de estimulación da linguaxe a nivel grupal, coma no tratamento individual dos nenos/as con dislalias, a respiración e o sopro son contidos de traballo básicos. Algúns materiais que emprego para desenvolver con control do sopro son: as pelotas de ping-pong, o tunel, os bolos (botes de iogures bebibes), o muiño, os vermiños...