Dentro do programa de estimulación da linguaxe, estamos traballando o
conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", da
editorial Kalandraka. Ás nenas e ós nenos gústallles moito, será polo
toque escatolóxico... Navegando pola rede a atopamos unha reproducción
do conto feita en plastilina e unha canción que estamos aprendendo.
Ola Raquel! Alégrame atopar compis de AL traballando en EI na rede, así que xa poño o teu blogue na miña lista de favoritos ;-)
ResponderEliminarTes razón con este conto...encántalles!! Divírtense moito dicindo as onomatopeias, jeje. Eu tamén opino que os contos son un recurso e unha axuda inestimable para traballar a linguaxe nestas idades. Unha aperta e seguimos en contacto.
Dolores (Audición e linguaxe do CRA de Bergondo)