Mostrando las entradas con la etiqueta Materiais. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Materiais. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2012

ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE DOS NENOS E NENAS




1.     Adicar un tempo diario para estar co neno/a e falarlle; é moi positivo aproveitar as situacións cotiás de xogo, comida, baño...

2.     O neno/a non aprende só oíndo, necesita practicar e para isto ten que establecer unha interacción cos adultos por medio de: contos, narracións, cancións, adiviñas, describir debuxos, etc.

3.     Enriquecer o seu vocabulario ensinándolle o nome das partes do corpo, prendas de vestir, cousas da casa, nomes de animais, etc.

4.     Dar tempo ó neno/a para que poida expresarse, escoitando con paciencia e interese. Deixar que se exprese libremente non respondendo por el/ela, nin interropendo as súas respostas para correxilas.

5.     Falarlle  de forma correcta, utilizando respostas claras e axeitadas, evitando, o máis posible, as respostas “comodín” como si, non, vale...

6.     Valorar os esforzos dos nenos e nenas por millorar a súa capacidade comunicativa, aínda que non se expresen de xeito correcto.

7.     Na preparación das comidas procurar unha alimentación san e que favoreza a mastigación dos diversos alimentos. É importante ir eliminando progresivamente a toma de leite en biberón. A succión demasiado prolongada no tempo pode provocar a deformación do padal, os beizos e a arcada dentaria, tendo como posible resultado problemas articulatorios no futuro. A mastigación permite estimular os movementos da mandíbula, lingua e beizos, fundamentais para unha articulación correcta das palabras.


DÉBESE EVITAR:
  •  A continua corrección.
  •  Empregar unha linguaxe excesivamente infantilizada cos nenos/as.
  •  Repetir os mesmos erros co pequeño/a por moi graciosos ou simpáticos que parezan.
  •  A utilización excesiva de diminutivos: libriño, comidiña, camiña...
  •  O emprego de designacións abreviadas como guau por can, popó por coche...