1. Adicar un tempo diario para estar co neno/a e
falarlle; é moi positivo aproveitar as situacións cotiás de xogo, comida,
baño...
2. O neno/a non aprende só
oíndo,
necesita practicar e para isto ten que establecer unha interacción cos adultos
por medio de: contos, narracións, cancións, adiviñas, describir debuxos, etc.
3. Enriquecer o seu vocabulario ensinándolle o nome das
partes do corpo, prendas de vestir, cousas da casa, nomes de animais, etc.
4. Dar tempo ó neno/a para que poida
expresarse, escoitando con paciencia e interese. Deixar que se exprese
libremente non respondendo por el/ela, nin interropendo as súas respostas para
correxilas.
5. Falarlle de forma correcta, utilizando respostas
claras e axeitadas, evitando, o máis posible, as respostas “comodín” como si,
non, vale...
6. Valorar os esforzos dos nenos e nenas por
millorar a súa capacidade comunicativa, aínda que non se expresen de xeito
correcto.
7. Na preparación das comidas
procurar unha alimentación san e que favoreza a mastigación dos
diversos alimentos. É importante ir eliminando progresivamente a
toma de leite en biberón. A succión demasiado prolongada no tempo pode provocar
a deformación do padal, os beizos e a arcada dentaria, tendo como posible
resultado problemas articulatorios no futuro. A mastigación permite estimular
os movementos da mandíbula, lingua e beizos, fundamentais para unha
articulación correcta das palabras.
DÉBESE EVITAR:
- A continua corrección.
- Empregar unha linguaxe excesivamente infantilizada cos nenos/as.
- Repetir os mesmos erros co pequeño/a por moi graciosos ou simpáticos que parezan.
- A utilización excesiva de diminutivos: libriño, comidiña, camiña...
- O emprego de designacións abreviadas como guau por can, popó por coche...
No hay comentarios:
Publicar un comentario