O control da respiración e do sopro é fundamental para acadar unha boa pronunciación e correxir as alteracións na mesma, de xeito moi especial en determinados fonemas como o /r/ ou o /s/. Tanto nas clases de estimulación da linguaxe a nivel grupal, coma no tratamento individual dos nenos/as con dislalias, a respiración e o sopro son contidos de traballo básicos. Algúns materiais que emprego para desenvolver con control do sopro son: as pelotas de ping-pong, o tunel, os bolos (botes de iogures bebibes), o muiño, os vermiños...
Este blog supón o meu primeiro contacto de xeito activo con este recurso. Nel pretendo plasmar os aspectos máis significativos da miña práctica diaria como mestra de Audición e Linguaxe, nunha Escola de Educación Infantil. Quero amosar algúns recursos de elaboración propia que me resultan de utilidade, enlaces con recursos de interese, reflexións sobre o meu traballo...
Mostrando las entradas con la etiqueta Respiración. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Respiración. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de mayo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)